InicioPolíticaCesados dous edís do PSOE de Cangas tras suspender a Xunta os...

Cesados dous edís do PSOE de Cangas tras suspender a Xunta os traballos na praia de Rodeira

A alcaldesa de Cangas, Vitoria Portas (ACE), reprobou unha actuación que "terminou con parte das dunas" do areal situado no centro urbano para acoller un campionato deportivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa de Cangas, Vitoria Portas (ACE), cesou a dous concelleiros do PSOE por unha “perda de confianza” tras “as últimas actuacións na praia de Rodeira” que afectaron a “parte das dunas” e que foron paralizadas preventivamente pola Xunta ante unha posible afectación a unha especie ameazada, a xesta de Ons.

Nun comunicado, a rexedora reprobou unha actuación que “terminou con parte das dunas” do areal situado no centro urbano para acoller un campionato deportivo, a proba Concello de Cangas da xira de balonmán praia da federación galega desta disciplina, que finalmente foi trasladado pola polémica xerada.

Ante esta situación e a “negativa” do edil de Urbanismo e Deportes, Eugenio González, e a concelleira de Medio, Mar, Rural e Voluntariado, Pilar Nogueira, a dimitir, a rexedora optou por cesalos.

Con todo, afirmou que esta decisión non afectará ás outras edís do PSOE que conforman o goberno local, Sagrario Martínez e Ingrid Loredana, que “poden seguir desempeñando as súas funcións como ata agora”.

Ademais, indicou que revisou o estado da parte da praia na que levaron a cabo os traballos de explanación e que mantivo unha reunión urxente co responsable de Costas. Tamén explicou que puxo a disposición de Medio Ambiente “todos os recursos que sexan necesarios” para “emendar os danos”.

Esta situación prodúcese despois de que a pasada semana os grupos da oposición, Avante!, BNG e PP, denunciasen o “atentado ambiental” que supuña a actuación e esixisen responsabilidades por parte do goberno local. Ademais, a Xunta suspendeu preventivamente os traballos no marco dunha investigación aberta para determinar se afectaban a un arbusto incluído no Catálogo galego de especies ameazadas.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...