InicioSociedadeAbel Caballero pide rebaixar as restricións en Vigo: "Non poden tratar a...

Abel Caballero pide rebaixar as restricións en Vigo: “Non poden tratar a todas as cidades igual”

Abel Caballero censurou que a administración galega "pon tal nivel de control, coma se houbese incidencia de 100", e advertiu de que "a Xunta ten que diferenciar, non pode tratar a todas as cidades igual".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores que a Xunta manteña restricións xenéricas sen ter en conta o nivel de incidencia da pandemia por cidades ou áreas concretas, e insistiu en que, coa actual situación epidemiolóxica, a cidade olívica podería celebrar San Xoán con fogueiras en espazos públicos “perfectamente”, aínda que mantendo certas medidas de precaución polo que pediu “relaxar” esas restricións.

Nunha rolda de prensa, o rexedor apuntou que a incidencia acumulada a 14 días na cidade é de 29,7, mentres que a incidencia a 7 días é de 14,7, o que reflicte “unha boa situación”. De feito, subliñou que Vigo é a cidade galega con menor incidencia da Covid-19 a 7 días.

Nese contexto, volveu a referirse a as restricións vixentes que impiden a realización de fogueiras de San Xoán en espazos públicos. “Non entendo que a Xunta prohiba as fogueiras. Poderíanse facer perfectamente, con control e límites de aforamento, pero prohibíunolo. E tamén prohibe, pola vía dos feitos, a apertura das piscinas de Samil”, lamentou.

Abel Caballero censurou que a administración galega “pon tal nivel de control, coma se houbese incidencia de 100”, e advertiu de que “a Xunta ten que diferenciar, non pode tratar a todas as cidades igual”.

Segundo o alcalde, Vigo “non pode ter medidas tan restritivas” cando está a ter un “bo comportamento”. “Non digo que isto sexa barra libre, pero téñense que relaxar un pouco as medidas, dar máis marxe á hostalaría e as actividades lúdicas”, proclamou.

Caballero, que anunciou un dispositivo reforzado de Policía Local para incrementar a vixilancia esta noite, reiterou o seu “desacordo con que a Xunta prohiba as fogueiras en Vigo” e engadiu que “se poden facer con seguridade, como se fixo a Cabalgata de Reyes estática, pero a Xunta aplica normas xenéricas e non analiza como está cada área e cada ámbito”.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...