InicioSociedadeGuía para entender o uso das máscaras na rúa en Galicia

Guía para entender o uso das máscaras na rúa en Galicia

Haberá que manter 1,5 metros para poder ir sen elas. As terrazas ampliaranse ao 100%, poderase pedir en barra e o lecer nocturno reabrirá desde o 1 de xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A proposta que Galicia defenderá no Consello Interterritorial de Saúde é que se retire a obrigatoriedade de máscara nos espazos exteriores con carácter xeneralizado, pero haberá que poñela cando non se poida cumprir a norma de metro e medio de distancia. Isto implica que, a xente, terá que estar pendente en todo momento, de se cumpre esta distancia para poñer ou non a máscara, especialmente, nas cidades.

Tamén será necesario o seu uso en terrazas –salvo no momento do consumo– ao non poder manterse esta distancia entre persoas, pero non, por exemplo, nun paseo entre convivintes.

Na súa comparecencia, tras reunirse na pasada xornada o comité clínico, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, queixouse de que o Goberno non informase do seu plan nas comunidades, e defendeu que a proposta de Galicia é “clara” e “sólidamente construída” en base a criterios médicos, aínda que matizou que se modificará se así o esixe un real decreto do Executivo estatal.

No caso dos concellos con nivel máximo de risco (máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes) –neste momento non hai ningún en Galicia– habería que manter a máscara no exterior. E Feijóo remarcou que “será obrigatorio”, en todo caso, levala “sempre encima”. “Formará parte das nosas pertenzas obrigatorias”, sentenciou.

Do mesmo xeito que no caso dos aforamentos, a idea é que a norma entre en vigor –neste caso haberá que estar pendentes da decisión estatal, que podería modificar o plan da Xunta– desde este sábado.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores que Galicia dá un paso máis na desescalada fronte á pandemia cunha ampliación xeneralizada dos aforamentos en espazos e tamén para eventos. No caso do interior de bares e cafetarías manterase no 50%, pero ampliarase ata o 100% en terrazas se as mesas cumpren a norma dun metro e medio de distancia.

Tras a reunión na pasada xornada do comité clínico, Feijóo ratificou que se permitirá pedir e servir nas barras dos locais da hostalaría, aínda que non se poderá consumir nas mesmas.

Entre outras novas decisións, Feijóo tamén ratificou que a intención é que reabra o lecer nocturno desde o 1 de xullo, polo que, “por primeira vez en moitos meses” non quedará en Galicia “ningunha actividade completamente pechada”

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...