InicioHigino Martínez, o profesor do Baixo Miño que espallou o galego na...

Higino Martínez, o profesor do Baixo Miño que espallou o galego na Arxentina da ditadura

O filólogo galego-portugués faleceu o pasado luns tras unha vida dedicada ao ensino da lingua galega na 'quinta provincia'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Higinio Martínez Estévez naceu e morreu en Bos Aires, pero levou Galicia alí por onde pasou. Filólogo galego-portugués de profesión, faleceu o pasado luns 21 na capital da quinta provincia galega, a cidade bonaerense, logo de ter dedicado unha vida ao estudo e divulgación da lingua e cultura galega, labor que desenvolveu maioritariamente ao outro lado do atlántico e que serviu tamén como un punto de encontro do galeguismo emigrado nas últimas décadas do século XX.

Naceu nos días despois da Guerra Civil, por 1940, pero non foi ata uns anos máis tarde cando, nunha viaxe á terra –os pais eran naturais de Santa María de Oia, no Val Miñor–, viviu unha experiencia que “o marcaría para sempre”, en palabras de Lois Pérez, un dos seus ex-alumnos na Asociación do Idioma Galego, institución que Martínez Estévez fundaría nos anos 70 e arredor da cal impartiría os seus famosos cursos de galego-portugués.

As aulas, ditadas no Centro Galego de Bos Aires, eran un auténtico acontecemento para os mozos –e non tan mozos– que alí se achegaban os sábados á tarde. “Aqueles sábados de aprendizaxe eran case sagrados para os vellos e novos galeguistas”, lembra este ex-alumno. Nas aulas do Centro Galego cabía o debate sobre a lingua, a poesía existencialista e a “Galiza idealizada” do profesor, cuxas explicacións se vían entretecidas con intervencións nacionalistas de algún que outro alumno.

DITADURA DE VIDELA

“Recordo o apaixonantes que eran as súas clases dos sábados”, lembra Lois Pérez. “A parte de ensinar  galego, aquelas clases convertéronse nun punto de reunión dos nacionalistas galegos. Transcorría por eses anos a  ditadura de  Videla.  Tras un cambio na directiva do Centro, Higinio queda sen local para ditar as clases. Recordo que lle xestionei que as dera na Federación de Sociedades Galegas, onde eu era o secretario do Ateneo Curros Enríquez xunto a Moncho Portas, Marta Tárela, Antón Santa Marina, etc.”, apunta.

O falecemento do profesor Martínez Estévez deixa consternado ao movemento galego na quinta provincia. Lorena Lores, secretaria da Federación de Sociedades Galegas quixo destacar, ao fío do pasamento, a “tremenda perda para a colectividade galega na arxentina. Cumpriu unha misión histórica debuxando a lingua e a cultura galega.”

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...