Inicio"Tui con orgullo", o programa deste conclelo para loitar contra a LGTBIfobia

“Tui con orgullo”, o programa deste conclelo para loitar contra a LGTBIfobia

Esta iniciativa está chea de música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas que xa comezaron a realizarse este xoves.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Tui con Orgullo” é un programa impulado pola Concellería de Igualdade do Concello de Tui que pretende celebrar a diversidade e loitar contra a LGTBIfobia, con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ. Esta iniciativa está chea de música, contacontos infantís, encontros escolares e charlas informativas que xa comezaron a realizarse este xoves.

Ademais de dirixirse aos nenos e adolescentes, este programa tamén ofrece conferencias para o público adulto que se celebrarán na Sala Municipal de Exposicións o xoves 24 e o luns 28 de xuño ás 20 horas, con entrada libre ata que se complete a capacidade.

Para os nenos máis pequenos, de entre 3 e 9 anos, haberá unha sesión de contos o luns 28 de xuño ás 18:30 horas na Sala Municipal de Exposicións. Nesta actividade a través de contos e xogos verase que hai moitos tipos de familias, de formas de ser e de querer, e que todas son válidas se hai amor e respecto.

Con “Tui con orgullo” a Concellería de Igualdade inaugurou no Concello de Tui unha nova liña de traballo cara á visibilización e dignificación da diversidade de sexo en xénero, de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria, libre de discursos de odio e respectuosa coas distintas formas de ser e de querer.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...