InicioPolíticaSatisfacción "absoluta" de Abel Caballero tras aceptar Renfe dous trens Vigo-Madrid sen...

Satisfacción “absoluta” de Abel Caballero tras aceptar Renfe dous trens Vigo-Madrid sen pasar por Santiago

Segundo puntualizou o alcalde, "calquera outra alternativa" como a "capitaneada por Feijóo", que supón viaxar a Madrid pasando pola estación de Santiago, supón incrementar o tempo de viaxe en máis de media hora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou este martes a súa “satisfacción absoluta” tras a reunión co presidente de Renfe, Isaías Táboas, na que, afirmou o rexedor, o responsable da entidade ferroviaria aceptou as súas propostas para conectar con dúas frecuencias diarias a cidade olívica e Madrid, sen pasar por Santiago.

En declaracións remitidas aos medios, o alcalde explicou que haberá dous trens ao día que saian da estación de Urzáiz (un pola mañá e outro pola tarde) e que paren en Pontevedra, Ourense, Zamora e Madrid, cun tempo de viaxe de pouco máis de 5 horas.

Así mesmo, explicou que Renfe está disposta a pór en marcha unha terceira frecuencia “se hai demanda suficiente” e que, nese caso, tería unha parada adicional en Vigarcía de Arousa. Deste xeito, a primeira frecuencia xa empezou a funcionar este martes e a semana que vén porase en funcionamento a segunda.

Segundo puntualizou o alcalde, “calquera outra alternativa” como a “capitaneada por Feijóo”, que supón viaxar a Madrid pasando pola estación de Santiago, supón incrementar o tempo de viaxe en máis de media hora.

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

A CIG denuncia a falta de persoal médico en centros sanitarios da área de Vigo

O sindicato CIG-Saúde denunciou este luns a falta de persoal médico en varios centros...