InicioVigo e contornaVigoDetectados 21 positivos nun cribado no centro de Vigo, cun 8,9% de...

Detectados 21 positivos nun cribado no centro de Vigo, cun 8,9% de participación

Un cribado no Corte Inglés sáldase sen ningún positivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde detectou novos positivos de Covid-19 en cribados realizados a semana pasada na cidade olívica, entre os que se detectaron 21 casos nun no centro de Vigo cun 8,9 por cento de participación.

Segundo informou a área Sanitaria de Vigo, no cribado convocado a semana pasada no centro de Vigo con 6.840 citados, detectáronse 21 positivos entre os 605 cidadáns cribados (8,9%).

Pola súa banda, detectouse un positivo no cribado levado a cabo no CEIP Javier Sensat con 240 persoas cribadas; e outro contaxio no realizado no IES Rosales con 439 test feitos. Mentres, o cribado con 687 participantes no Corte Inglés, deles 328 traballadores e 359 usuarios, saldouse sen ningún caso positivo, indicaron as mesmas fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Caballero crítico co borrador da lei de administración local: “Home, o primeiro é o alcalde de Vigo’

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou á Xunta que non se lle solicitase...

Investigados catro menores por golpear e vexar a outro de 12 en Nigrán e difundir vídeos

A Garda Civil investiga a catro menores, tres homes e unha muller de entre...

Os empresarios de Mos alertan dun “golpe irreparable” á economía polo trazado da nova A-52

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) trasladou este martes a súa "máxima preocupación"...

Un ferido ao caer unha árbore sobre unha furgoneta na A-55, no Porriño,

Unha persoa resultou ferida na mañá deste mércores na A-55, ao seu paso por...