InicioSucesosAumentan un 114% as estafas con cartóns de crédito na provincia

Aumentan un 114% as estafas con cartóns de crédito na provincia

A Subdelegación do Goberno chama a "extremar as precaucións" nas compras en internet.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As estafas con cartóns de crédito creceron un 114% na provincia de Pontevedra durante os primeiros cinco meses do ano respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo os datos da Subdelegación do Goberno.

A súa titular, Maica Larriba, fixo un chamamento a “extremar as precaucións” á hora de realizar compras a través de Internet, con motivo da celebración da xunta provincial de seguridade.

Do 1 de xaneiro ao 27 de maio, na provincia de Pontevedra, rexistrouse unha caída do 19% dos roubos en vivendas, do 60% en establecementos e do 47% doutros roubos con forza.

Pola contra, subiron os casos de malos tratos un 9,5% e os delitos contra a liberdade sexual. Durante os primeiros cinco meses de 2021 rexistráronse cinco agresións, fronte as tres denunciadas en 2020.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...