InicioEconomíaO tráfico de mercadorías subiu un 16% no Porto de Vigo no...

O tráfico de mercadorías subiu un 16% no Porto de Vigo no primeiro cuadrimestre de 2021

O tráfico de automóbiles, cun incremento dun 345,5 % con respecto a abril de 2020, sitúan ao porto de Vigo no primeiro do sistema portuario en movemento de vehículos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo pechou o primeiro cuadrimestre de 2021 cun aumento de algo máis do 16 % no tráfico acumulado de mercadorías, e con boas cifras mensuais e interanuais no movemento de vehículos e de mercadorías en colector, segundo o balance explicado polo presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuíña.

Nunha rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Administración do Porto, Vázquez Almuíña destacou que, en canto a mercadoría xeral, o catro primeiros meses deste ano foron o “segundo mellor inicio historico” da terminal viguesa (só superado polo primeiro cuadrimestre de 2008) e tamén se bateu a marca de toneladas manipuladas en contidos, ao superarse as 933.600 toneladas.

O tráfico de automóbiles, cun incremento dun 345,5 % con respecto a abril de 2020 (hai que ter en conta que, nese mes do ano pasado, a actividade da planta do grupo automobilístico Stellantis estaba paralizada polo estado de alarma), sitúan ao porto de Vigo no primeiro do sistema portuario en movemento de automóbiles.

Con respecto aos datos acumulados do primeiro cuadrimestre do ano, o tráfico de automóbiles experimentou un crecemento do 36 %, mentres que tamén houbo crecemento nos tráficos de froita (+63 %), granito en bruto (+47 %), fariña de peixe (+83,8 %), lousa (+60,7 %) ou aceite de peixe (198,5 %).

Por contra, rexistráronse descensos nos metais (-15,4 %), cereais (-59,3 %), sal (-30,3 %), abonos e penso (-30,7 %) ou conservas (-13,8 %).

Finalmente, con respecto á pesca fresca, o presidente do Porto de Vigo sinalou que, no nes de abril de 2021, produciuse un incremento do 3,9 % en canto ao seu volume e do 7,15 % no que respecta ao valor de venda.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...