InicioPolíticaO BNG pedirá no pleno de Vigo rexeitar a proposta "antisocial" de...

O BNG pedirá no pleno de Vigo rexeitar a proposta “antisocial” de aplicar peaxes en autovías

"Non se pode desincentivar o uso do vehículo privado se non hai unha política real e efectiva de mellora do transporte público", engadiu o edil do BNG, Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo levará ao pleno municipal deste mércores unha moción na que insta o Concello a expresar “clara e rotundamente” a súa oposición á aplicación de peaxes nas autovías e a reclamar á Xunta a rebaixa paulatina ata a desaparición das taxas que se pagan nas autoestradas de titularidade galega (AG-55 e AG-57).

Así o avanzou en rolda de prensa o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, quen sinalou que a proposta remitida polo “autodenominado progresista” Goberno de España á comisión europea é “antisocial e discriminatoria” para Galicia, que se atopa nunha posición xeograficamente periférica, e que penalizará ás clases traballadoras e ao tecido produtivo.

“Non se pode desincentivar o uso do vehículo privado se non hai unha política real e efectiva de mellora do transporte público”, engadiu o edil do BNG, en relación ao “pretendido afán ecolóxico” desta iniciativa.

Así mesmo, o concelleiro apostilou que é “insultante e inaceptable” que o Goberno expoña esta medida cando “aínda non cumpriu a súa palabra” no que respecta á rebaixa das peaxes da AP-9 e a suspensión desta taxa no caso do tramo entre Vigo e Redondela. “Este Goberno está a tentar agora o que no 2012 non foi capaz de facer o Goberno do PP, con Ana Pastor: unha medida discriminatoria e antisocial, que vai golpear seriamente a Galicia, unicamente con afán recadatorio”, resolveu.

Por iso, este mércores defenderá no pleno municipal unha moción na que insta o Concello a expresar o seu rexeitamento a estas peaxes nas autovías e tamén a reclamar á Xunta que rebaixe as peaxes nas vías de titularidade autonómica.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...