InicioMovementos SociaisConcentración en Citroën a prol da conciliación laboral: "Queremos que familia e...

Concentración en Citroën a prol da conciliación laboral: “Queremos que familia e traballo sexan compatibles”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG concentrouse este mércores ás portas da fábrica de PSA-Citroën en Vigo para denunciar “o caso de Citroën” como “un exemplo máis de moitas empresas, neste caso unha multinacional, á que se lle enche a boca vendendo políticas e medidas dirixidas á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, ou a protexer os dereitos de conciliación, cando na práctica o que están a facer é vulneralos, directamente”.

Definiuno a portavoz Margarida Corral como “un exercicio de hipocrisía por parte das empresas e dos gobernos, non se ten mudado nada despois das históricas mobilizacións do 8-M. Abonda xa de discriminacións por motivos de conciliación ou por razón de sexo”.

Prometen soster estas queixas no tempo ata conseguir os dereitos que reclaman:”O acordo para nós non é válido, de feito levámolo a xuízo porque entendemos que é unha vulneración grave dos dereitos de conciliación, pero dende logo non imos a parar sexa cal sexa o resultado dese xuízo, ata que os traballadores e traballadoras poidan compatibilizar os seus dereitos co exercicio do traballo. Queremos que familia e traballo sexan compatibles”.

En resumo, o sindicato defende que existe na planta viguesa unha “vulneración do dereito da redución da xornada para o coidado de fillos e fillas”. “A organización do traballo concibe aos traballadores como fábricas ao servizo de Citroën“, concluíron: “Impoñen un sistema horario fechado que impide decidir nin o tempo que reducen nin os horarios”.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...