InicioPolíticaO PP reclamará a mellora dos accesos ao Ifevi e incrementar o...

O PP reclamará a mellora dos accesos ao Ifevi e incrementar o transporte público ao recinto

O portavoz do grupo, Alfonso Marnotes, urxiu ao goberno local a que poña en marcha lanzadeiras desde diferentes puntos da cidade para conectar co Ifevi, xa que a única liña de bus urbano que leva ata o recinto actualmente ten unhas 15 paradas e unha frecuencia de paso de 30 minutos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo presentará unha moción para o seu debate no pleno do próximo mércores, na que insta o goberno local e ao goberno central a mellorar os accesos ao Instituto Feiral de Vigo, así como a reforzar o transporte público ao recinto.

Segundo explicaron en rolda de prensa o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes, e os edís Teresa Egerique e Jesús Marco, a Xunta e o Executivo central do PP investiron nos últimos anos uns 20 millóns de euros en ampliar o recinto feiral ou mellorar a súa conexión peonil cunha pasarela que o comunica co aparcadoiro do aeroporto.

Por contra, denunciou Egerique, tanto o goberno local de Abel Caballero como o de Pedro Sánchez manteñen unha actitude de “abandono” con respecto ao Ifevi, e os atascos nas inmediacións do recinto son unha constante cada vez que hai unha feira multitudinaria ou un evento como a campaña masiva de vacinación contra a Covid-19.

O concelleiro Jesús Marco recalcou que o Concello debe actuar na Avenida do Tranvía, que é de titularidade municipal, e aumentar os carrís entre a saída da autoestrada e a rotonda que hai fronte ao aeroporto, porque agora “é a Policía Local a que está a salvar o deixamento de 14 anos do alcalde”.

Finalmente, o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes, urxiu ao goberno local a que poña en marcha lanzadeiras desde diferentes puntos da cidade para conectar co Ifevi, xa que a única liña de bus urbano que leva ata o recinto actualmente ten unhas 15 paradas e unha frecuencia de paso de 30 minutos. “O Ifevi foi concibido para eventos multitudinarios, pero ten que estar acompañado por melloras nos accesos e reforzo do transporte público”, resolveu.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...