InicioSucesosDenunciados os participantes dunha festa en Vigo que durou 5 días, un...

Denunciados os participantes dunha festa en Vigo que durou 5 días, un deles fuxido dun centro de menores

Ocorreu na rúa San Lorenzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou e propuxo para sanción a oito persoas que se atopaban celebrando unha festa nun domicilio da cidade, e que foi denunciada polos veciños, xa que o ruído e as molestias prolongábanse de forma ininterrompida desde había cinco días.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste mércores, cando unha dotación acudiu a unha vivenda da rúa San Lorenzo, avisados polos veciños que denunciaron que había unha festa que se estivo celebrando de forma continuada durante cinco días.

Os axentes identificaron o inquilino da vivenda, un mozo de 21 anos de idade, L.C.D.S.P., natural de Brasil, que recoñeceu que estaban “de celebración”. Así mesmo, comprobaron que había outro seis homes e unha muller, consumindo bebidas alcohólicas.

Ao identificar os participantes na festa para propolos para sanción (non eran convivientes), os policías comprobaron que un deles, I.R.B., de República Dominicana e de 20 anos de idade, constaba como fuxido dun centro de menores de Pontevedra. O mozo foi trasladado a dependencias policiais para ser reingresado na institución.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...