InicioEconomíaO BNG denuncia que o rescate do Auditorio Mar de Vigo "foi...

O BNG denuncia que o rescate do Auditorio Mar de Vigo “foi un negocio ruinoso”

Pide explicacións ao Goberno vigués tras as "advertencias" do Consello de Contas sobre o Mar de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG pediu explicacións ao Goberno de Vigo despois de que o Consello de Contas de Galicia trasladase nun informe que o Concello vigués incumpriu en 2018 os obxectivos de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto, a raíz do rescate da concesión do Auditorio-Pazo de Congresos Mar de Vigo.

O concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, mantivo que con iso o organismo fiscalizador “confirma que a operación de rescate do Auditorio Mar de Vigo foi un negocio ruinoso para a cidade”, o que considerou “consecuencia do modelo privatizador impulsado para a posta en marcha desa dotación”.

Doutra banda, Pérez Igrexas tamén sinalou que é “moi preocupante a advertencia do Consello de Contas en relación á estrutural falta de persoal municipal“. Así, dixo que “supón unha evidente limitación para o estrito cumprimento da normativa e a adecuada xestión dos recursos públicos”.

Ademais, criticou que “oito de cada 10 subvencións fosen concedidas a dedo, con carácter nominativo, e non a través de procesos transparentes e de libre concorrencia, como marca a lei”; así como “o evidente abuso dos contratos menores por parte do executivo local”.

INFORME DE CONTAS

O Consello de Contas de Galicia confirmou no seu ‘Informe de fiscalización selectiva do Concello de Vigo’ que esta administración local, no seu exercicio de 2018, incumpriu os obxectivos de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto, o que vinculou ao rescate da concesión do Auditorio-Pazo de Congresos Mar de Vigo, por un importe de 35,2 millóns.

Así mesmo, indicou tamén que o Concello non contaba en 2018 “cunha suficiente estrutura de persoal para dar cobertura ás esixencias” do real decreto que regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do Sector Público Local. Así, remarcou que “existe unha praza de habilitación nacional que non está cuberta”.

En canto ás subvencións, comentou que o procedemento de concesión de subvencións máis empregado foi a concesión directa nominativa, asinándose 93 convenios ou subvencións nominativas, e en réxime de concorrencia “só 23”. A este respecto, Contas apuntou que se “debería dar preferencia ao procedemento ordinario de concesión de subvencións, que é a tramitación en réxime de concorrencia competitiva”.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...