InicioSucesosDetido un home de 71 anos por agredir a dous médicos e...

Detido un home de 71 anos por agredir a dous médicos e unha enfermeira nun centro de saúde de Vigo

Ocorreu no centro de saúde de López Mora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un veciño da cidade, de 71 anos de idade, como presunto autor dun delito de agresión a persoal sanitario tras atacar a dous médicos e unha enfermeira dun centro de saúde da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron ao mediodía deste martes, cando o 091 recibiu un aviso desde o centro de saúde de López Mora, alertando da presenza dun paciente moi agresivo co persoal.

Os axentes desprazáronse ao lugar, a escasos metros da propia Comisaría, e observaron que había dúas persoas mantendo unha acalorada discusión. Ao preguntar, un médico e unha enfermeira explicaron aos axentes que o home discutira iradamente co persoal de recepción, e que a continuación foi pasado para ser atendido en consulta.

Unha vez na consulta, mentres lle explicaban o tratamento que debía seguir, o paciente comezou a mostrarse cada vez máis agresivo coa doutora e coa enfermeira e, aínd que tentaron tranquilizalo, este propinoulles un lapote e un empuxón. Ambas pediron auxilio e outro médico acudiu a ver que sucedía.

O paciente tamén se encarou con este facultativo e agarrouno polos brazos, á vez que o zarandeaba, momento en que chegaron os axentes ao centro de saúde.

O home foi detido polos policías, que tamén informaron o persoal agredido dos pasos que tiñan que dar se desexaban presentar denuncia. O detido, tras as dilixencias en sede policial, foi posto a disposición do xulgado de instrución de garda.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...