InicioSucesosDetido en Vigo un mozo por supostamente agredir a un policía cando...

Detido en Vigo un mozo por supostamente agredir a un policía cando lle requiriu que se puxese a máscara

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un mozo de 28 anos, veciño de Ourense, por supostamente agredir a un axente cando lle requiriu tanto a el como á súa parella, unha muller de 24, que se puxesen a máscara.

Segundo informa o corpo local, os feitos ocorreron o pasado venres ás 18,20 horas na zona do Calvario. Ao interceptalos a ambos na rúa Xilgaro, os axentes convidáronlles a colocarse a máscara, pero o home negouse “de malos modos” porque dicía que “ía fumar”.

Ademais, os axentes constataron que “era unha escusa” porque observaron como camiñaban “durante varios metros sen facer uso” deste material e sen realizar “xesto ou acción algunha que mostrase intención de fumar”.

Dada esta actitude, convidárono de novo a que lla puxesen, pero os mozos negáronse mesmo a identificarse e, de acordo co relato da Policía Local, comezouse a mostrar agresivo e insultoulles. Os axentes trataron de acougalo, pero o mozo “tornouse máis agresivo” e iniciou un tirapuxa durante o cal “pateou a un” deles.

Por todo estes feitos, a Policía Local procedeu a deter a este home de 28 anos de idade, veciño de Ourense, por un presunto delito de desobediencia e atentado a axente da autoridade. Pola súa banda, a muller, veciña de Vigo de 24 anos, foi proposta para sanción por non empregar a máscara e por desobediencia.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...