InicioSociedadeO Concello de Vigo non descarta sancións polos incumprimentos do concerto de...

O Concello de Vigo non descarta sancións polos incumprimentos do concerto de Andrés Suárez

O Auditorio Mar de Vigo asegura que o artista, crítico coa organización da velada, poderá actuar este sábado con "todos os protocolos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo estudará impor “as sancións que corresponda” á organización dun concerto do ferrolán Andrés Suárez previsto para o venres no Auditorio Mar de Vigo, pero que foi desaloxado pola Policía Local e posteriormente suspendido porque incumpría as restricións de aforamento e de distancias instauradas pola normativa covid.

Así o explica este sábado en declaracións aos medios a terceira tenente de alcalde e concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, quen asegura que o goberno local avaliará o parte da Policía para proceder “como en calquera outra situación”, cunha proposta para sanción. En concreto, a actuación estaba prevista para as 20,00 horas no exterior do recinto do Mar de Vigo, por desenvolverse no marco do ciclo ‘TerraCeo 2021’, pero decidiuse desprazar ao interior do auditorio debido ao temporal.

Unha vez dentro, en palabras da edil responsable de Seguridade, os asistentes detectaron “un exceso de aforamento” e como “nas primeiras filas non se respectaban as distancias regulamentarias”, tras o cal puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local, que máis tarde se personó no lugar para desaloxalo.

En calquera caso, Espinosa sinala que a decisión de suspender o concerto “foi tomada por parte da organización”, da que ademais destaca a súa “colaboración ao 100%”. A concelleira tamén subliña que o comportamento dos asistentes “foi magnífico”. “A partir de agora procederemos a analizar o parte da Policía e procederase como en calquera outra situación: propondo a sanción que corresponda polo exceso de aforamento”, incide.

CONCERTO ESTE SÁBADO

A pesar desta primeira cancelación, o Auditorio Mar de Vigo xa confirmou a celebración do segundo concerto de Andrés Suárez, previsto para mesmo sábado ás 20,00 horas. Será tamén no interior pola situación meteorolóxica e a organización garante que “se realizará de acordo a todos os protocolos de seguridade e as normas de prevención”.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia que a Xunta non dá “nin un céntimo” para a reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que o vindeiro luns comezarán a desmontarse...

PP e BNG reclaman a Caballero que dea explicacións sobre Guns N’ Roses “aos vigueses, non a Risto Mejide”

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo, PP e BNG, rexistraron a...

Stellantis presentou a súa nova tecnoloxía autónoma STLA

Stellantis presentou este xoves a súa nova tecnoloxía autónoma STLA AutoDrive 1.0, o primeiro...

Cincuenta bolsas do Concello de Vigo irán a alumnos da Escola Oficial de Idiomas para estadías no estranxeiro

O goberno municipal de Vigo aprobará este venres as bases da convocatoria de bolsas...