InicioSociedadeA área de Vigo segue á cabeza de Galicia malia o descenso...

A área de Vigo segue á cabeza de Galicia malia o descenso de casos activos

O Sergas informa de 859 casos fronte os 670 da Coruña-Cee.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 detectados en Galicia baixaron a 145 tras o repunte rexistrado este mércores, e o número de casos activos reduciuse a 2.954, recuperando a tendencia do inicio de semana, cando se encadearon cinco xornadas consecutivas en descenso. En canto aos pacientes hospitalizados con este coronavirus, descenderon a 188 –tres menos–.

De acordo cos datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os pacientes Covid ingresados en UCI hospitalarias no conxunto da Comunidade mantéñense en 40, mentres que os que permanecen noutras unidades de hospitalización descenderon a 148, tres menos.

No relativo ás diferentes áreas sanitarias, a presión hospitalaria reduciuse en tres dos sete, en concreto na Coruña e Cee, Ferrol e Pontevedra e O Salnés; mentres, subiu en Lugo e Santiago e Barbanza; e mantense sen cambios en Ourense e Vigo. Así é que na área olívica a presión hospitalaria mantense sen cambios, xa que baixan a 13 os pacientes Covid en UCI –un menos– pero soben a 37 os doutras unidades –un máis–.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid, despois do repunte deste mércores, Galicia volve experimentar un descenso nas súas cifras. Así, no conxunto da Comunidade galega baixaron a 2.954 que supoñen 98 menos que no día anterior. Iso débese a que houbo máis altas (241) que contaxios (145), ao que se engade dúas persoas falecidas. No caso Vigués, o Sergas informa de 29 casos menos que o día anterior, conta que deixa o total de positivos activos en 859, aínda á cabeza de Galicia, por diante dos 670 da Coruña-Cee.

CONTAXIOS

Con respecto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba no conxunto de Galicia baixaron a 145, é dicir, 78 menos que na xornada previa. Desta forma, sitúase en cifras similares ao comezo da semana. Do total de positivos, 136 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas, o que implica 73 menos que o día anterior. Deles, 36 corresponden á área de Vigo; 28 á de Santiago e Barbanza; 27 á de Pontevedra e O Salnés; 21 á da Coruña e Cee; 11 á de Ourense; 10 á de Lugo; e 3 á de Ferrol.

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...