InicioEconomíaA falta de pezas obriga a Stellantis a suspender a produción nos...

A falta de pezas obriga a Stellantis a suspender a produción nos dous sistemas o domingo e a mañá do luns

A pasada semana, a dirección de Stellantis Vigo confirmou que mantén previsións de "alta actividade" entre os meses de maio e xullo por unha demanda "maior que a prevista", e que alcanzaría unha produción ao redor dos 2.300 vehículos ao día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da planta do grupo Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) comunicou ao comité de empresa a necesidade de suspender novamente a produción o vindeiro domingo e parte do luns debido a problemas de aprovisionamento.

Así, paralizarase a actividade nos dous sistemas de produción na xornada do domingo e na quenda de mañá da xornada do próximo luns.

A fábrica viguesa viuse obrigada a paralizar a súa produción varias veces desde principios de ano debido á chamada ‘crise dos microchips’ ou semiconductores, que afecta as empresas que lle fornecen este tipo de pezas. Precisamente, para afrontar este escenario de incerteza, a dirección da factoría pactou un ERTE co comité de empresa (excepto CIG e CUT, que non asinaron).

A pasada semana, a dirección de Stellantis Vigo confirmou que mantén previsións de “alta actividade” entre os meses de maio e xullo por unha demanda “maior que a prevista”, e que alcanzaría unha produción ao redor dos 2.300 vehículos ao día. Está por ver se esas previsións altéranse polos problemas de aprovisionamento.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...