InicioSucesosA responsable do can que feriu a unha anciá de 92 anos...

A responsable do can que feriu a unha anciá de 92 anos será investigada por delito de lesións

A muller sufriu desgarramentos na cara e o pescozo polos que tivo que ser intervida de urxencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución 1 incoou dilixencias e citou a unha muller como investigada por un suposto delito de lesións por imprudencia, e que era a persoa responsable do coidado dun can de raza perigosa que atacou a unha anciá de 92 anos en Vigo, que resultou ferida grave. Segundo fontes do TSXG, o xulgado citou tamén a tres persoas para declarar en calidade de testemuñas. Con respecto ao can, engadiron as mesmas fontes, non se adoptou ningunha medida e permanece nas instalacións da canceira municipal.

Os feitos que se investigan tiveron lugar na tarde do pasado 29 de abril, cando a Policía acudiu a un edificio da rúa Menéndez Pelayo alertada por un veciño e tras producirse un ataque dun can a unha muller maior. Ata o lugar desprazouse unha patrulla que, desde fóra do portal, puido observar como unha muller se atopaba sentada xunto ao ascensor mentres suxeitaba un can, de raza pitbull terrier. A muller resultou ser a sogra da dona do can, e estaba ao seu coidado cando se produciu o incidente.

A vítima, que presentaba a parte dereita da cara desgarrada e unha ferida profunda no lado esquerdo do pescozo, foi trasladada en ambulancia ao hospital Povisa, onde foi sometida a unha cirurxía urxente. Segundo fontes policiais, o animal tiña microchip e estaba inscrito no rexistro de cans potencialmente perigosos. Aínda que o veciño que alertou aos axentes asegurou que non era a primeira vez que atacaba a alguén, non figuraban denuncias respecto diso.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...