InicioEconomíaA CIG reta a CC.OO. e UGT cunha folga no metal o...

A CIG reta a CC.OO. e UGT cunha folga no metal o 12 de maio

Insta ás centrais que "se comporten como sindicatos de clase" e non asinen o preacordo coa patronal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG anunciou este martes a convocatoria de folga de media xornada no sector do Metal da provincia de Pontevedra para o próximo 12 de maio, e fixo un chamamento a CC.OO. e UGT para que non asinen o convenio provincial (para o que hai un preacordo do que se desmarcou a central nacionalista) e “se comporten como sindicatos de clase”.

Así o trasladou o responsable de Industria da CIG na comarca de Vigo, Xulio Fernández, durante unha concentración de delegados fronte á sede de Asime, patronal do Metal Fernández anunciou a xornada de folga e chamou aos sindicatos que alcanzaron un preacordo para o convenio cos empresarios a “reflexionar”, xa que o texto pactado acordouse “por detrás, sen consultar aos traballadores”.

Segundo incidiu, CC.OO. e UGT “están a traizoar ao sector” aceptando un convenio “moi regresivo”, que “ataca aos máis precarios”, que son os eventuais, ao eliminar o prorrateo da indemnización por despedimento, que foi unha “conquista histórica”. “Se se paga todo xunto ao final do contrato, moitas empresas obrigan aos traballadores a renunciar á indemnización se queren renovar e seguir traballando”, denunciou.

“QUE ESCOITEN O SECTOR”

Ademais de apelar á “reflexión” destas centrais, o responsable de Industria do sindicato nacionalista tamén fixo un chamamento aos traballadores “para que teñan claro a quen se vota cando elixen os seus delegados”.

Xulio Fernández pediu a CC.OO. e UGT “que non asinen” e sinalou que a CIG “tende a man” para retomar a negociación do convenio, aínda que os outros sindicatos “sempre acaban traizoando no último momento”. “Que non asinen, que escoiten ao sector”, insistiu.

Ademais da concentración ante a sede de Asime, este martes houbo outra protesta en Vigo, de operarios de auxiliares que, do mesmo xeito que o luns, volveron a cortar o tráfico fronte ao estaleiro Freire. A Plataforma de Traballadores do Metal reclama, con este novo acto reivindicativo, que non se asine o convenio, que cualifican de “traizón sindical”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...