InicioSucesosSufocado un lume que afectou a un coche roubado que acabou calcinado

Sufocado un lume que afectou a un coche roubado que acabou calcinado

Ao comprobar os datos do seguro obrigatorio, pescudouse que a póliza fora contratada por outro home, veciño de Vigo de 72 anos, que manifestou que deixara o vehículo estacionado nunha praza de garaxe que ten alugada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de Bombeiros de Vigo apagaron un incendio declarado nun vehículo que supostamente fora roubado e que, como consecuencia das chamas, resultou totalmente calcinado.

Segundo informou a Policía Local de Vigo, os feitos ocorreron pouco antes das 6,50 horas deste xoves, cando unha persoa informou á Sala de Comunicacións do 092 e aos Bombeiros de Vigo de que en Camiño de Fritan había un vehículo ardendo.

Ata o lugar desprazáronse unha unidade policial e efectivos de Bombeiros de Teis, que iniciaron os labores de extinción das chamas, aínda que o vehículo resultou totalmente calcinado. Tras unha primeira inspección ocular, os actuantes apuntaron que o incendio se orixinou na parte traseira do turismo.

Pese ao estado do vehículo, os axentes puideron ler a placa de matrícula dianteira, que figuraba a nome dun veciño de Fornelo de Montes. Este home, no entanto, manifestou que o automóbil non era da súa propiedade e que nunca tivera un coche desa marca.

Ao comprobar os datos do seguro obrigatorio, pescudouse que a póliza fora contratada por outro home, veciño de Vigo de 72 anos, que manifestou que deixara o vehículo estacionado nunha praza de garaxe que ten alugada.

Así, manifestou descoñecer a subtracción do coche, polo que se lle informou de como proceder a denunciar os feitos. A continuación, o vehículo foi retirado polo guindastre do seguro e foi depositado nas cocheiras dunha empresa do Polígono do Rebullón.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...