InicioEconomíaVigo, unha das cidades coa renda máis alta de Galicia

Vigo, unha das cidades coa renda máis alta de Galicia

Xunto coa Coruña concentran o 23% da renda de toda Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As sete grandes cidades concentran o 42% da renda galega, segundo a renda municipal dos fogares que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) e, outro, o de Oleiros, é o preferido polos máis ricos para vivir.  Cunha renda por habitante de 22.959 euros en 2018, segue como o que ten unha maior renda de Galicia, este ano un 51,7% superior á media galega (15.132 euros).

Un 36% dos habitantes da comunidade galega reside nos sete concellos máis poboados, o cal ten influencia sobre a repartición da renda municipal, non só pola relación entre o número de habitantes e a renda total dun municipio, senón porque tamén dá a idea da concentración das actividades produtivas, xeradoras de renda e emprego, que actúan como elemento de fixación de poboación.

De feito, a renda total dos residentes na Coruña e Vigo supón o 23% do total da renda (e o 19,6% da poboación). Outro seis concellos teñen unha renda media por habitante que supera en 15 puntos ou máis á media galega en 2018: A Coruña, Santiago, Bergondo, Nigrán, Ourense e As Pontes. Os de Teo, Lugo e Pontevedra completan os 10 con máis renda por habitante.

SALARIOS

En 2018, a remuneración de asalariados é a principal fonte de renda de 216 concellos galegos (o 69%). Desde 2013 está a incrementarse o número deles cuxa principal fonte de renda son os salarios, feito que está moi relacionado co incremento da actividade económica rexistrada en Galicia desde ese ano.

Con todo, en 95, sobre todo das provincias de Lugo e Ourense, son as prestacións sociais as que achegan un maior volume de recursos, aspecto moi vinculado ao envellecemento da poboación.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

Acepta dous anos de prisión por encerrar cunha cadea e maltratar ao fillo adolescente da súa parella en Vigo

Unha muller aceptou dous anos de cárcere por encerrar no seu cuarto cunha cadea...

Stellantis Vigo habilita 29 mesas para as eleccións sindicais: estes son os horarios por quendas

A factoría viguesa de Stellantis habilitará ata 29 mesas electorais para facilitar a participación...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...