InicioMedio Ambiente e PatrimonioConvocada unha concentración contra a experimentación con animais en laboratorio

Convocada unha concentración contra a experimentación con animais en laboratorio

O acto celebrarase este sábado ás 17.00h en Vigo, facéndoo coincidir co Día do animal de laboratorio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha iniciativa difundida por redes sociais convoca unha concentración para expresar o rexeitamento cara o uso de animais en laboratorios. O acto terá lugar en Vigo, fronte o Marco, este sábado ás 17.00h. O evento concócase despois de que saíse á luz un vídeo de Cruelty Free no que se confirmaban indicios de maltrato animal no laboratorio Vivotecnia. Ante os feitos, a Comunidade de Madrid suspendeu a actividade do laboratorio.

A concentración coincide co Día do animal de laboratorio, o 24 de abril, e con ela condenan a experimentación con animais, así como pretenden visibilizar as alternativas éticas existentes e as trabas económicas existentes para que se leven a cabo.

“As grandes empresas e corporacións seguen ofrecendo unha publicidade enganosa e son opacas para ocultar a horrible e cruel realidade que se realiza tras os seus muros”, conclúen os organizadores a través dun comunicado, sinalando que en Galicia tamén se atopan estas prácticas.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...