InicioSociedadeA Universidade de Vigo presenta unha compilación de artigos xornalísticos de Méndez...

A Universidade de Vigo presenta unha compilación de artigos xornalísticos de Méndez Ferrín

"É un dos escritores máis relevantes e necesarios da Galicia contemporánea", defende a UVigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Área de Normalización Lingüística (ANL) e o Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo (UVigo) presentaron un libro que recolle unha compilación dos artigos publicados no últimos seis anos por Xosé Luís Méndez Ferrín en Faro de Vigo.

Segundo informou a universidade viguesa, é unha recompilación de 261 textos que apareceron publicados entre xaneiro de 2015 e xuño de 2020 no xornal, dentro da sección ‘No Fondo dos Espellos’, que agora tamén dá nome á obra editada pola universidade.

O director da área de Normalización Lingüística, o profesor Fernando Ramallo, destacou que Xosé Luís Méndez Ferrín, que foi presidente da Real Academia Galega ata 2013 e é director da revista ‘A Trave de Ouro’, “é un dos escritores máis relevantes e necesarios da Galicia contemporánea”.

Os artigos desta compilación, que Ramallo describe como “unha forma de homenaxear a Ferrín” e un reflexo do “efémero do traballo xornalístico”, abarcan unha ampla variedade temática, que inclúe historia, ciencias naturais e literatura. Os editores esperan publicar a finais de ano unha segunda parte deste volume, cos textos publicados por Méndez Ferrín entre 2007 e 2014.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...