InicioSociedadeO PP e asociacións de pacientes defenden a candidatura do Álvaro Cunqueiro...

O PP e asociacións de pacientes defenden a candidatura do Álvaro Cunqueiro para ser Medalla de Vigo

No contexto da pandemia de COVID-19, indicou, o hospital (xunto ao Meixoeiro) foi pioneiro na posta en marcha do COVID-Auto, no sistema 'pooling' para analizar mostras PCR, no uso de plasma para tratar a enfermos ou na posta en funcionamento da Unidade PostCovid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo defendeu este mércores a candidatura do Hospital Álvaro Cunqueiro para que reciba a Medalla da cidade, e avanzou que esta proposta conta xa co apoio de 24 asociacións de pacientes.

Nunha rolda de prensa, o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes, puxo en valor o papel do colectivo sanitario e dos profesionais do hospital, especialmente durante a pandemia, e subliñou que o Álvaro Cunqueiro é un “centro de vangarda, referente na sanidade pública nacional”.

No contexto da pandemia de COVID-19, indicou, o hospital (xunto ao Meixoeiro) foi pioneiro na posta en marcha do COVID-Auto, no sistema ‘pooling’ para analizar mostras PCR, no uso de plasma para tratar a enfermos ou na posta en funcionamento da Unidade PostCovid.

Por todo iso, o PP defendeu que o centro “merece ser galardoado coa Medalla da Cidade de Vigo”, e avanzou que a súa proposta ten “gran acollida”. De feito, segundo informaron en roda prensa, conta co respaldo de 24 asociacións de pacientes, entre elas, a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama, Apamp, Aspanaex, Anhida, Asem Galicia, Cogami, Autismo Vigo, Teavi, Asociación Galega de Afectados de VIH, a Irmandade de Doantes de Sangue ou a Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...