InicioSucesosDetido en Vigo por dar patadas e puñadas a axentes da Policía...

Detido en Vigo por dar patadas e puñadas a axentes da Policía Local

Tamén foi detido un cidadán chinés buscado por un xulgado de Madrid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, M.D.V.P., de 34 anos de idade, como presunto autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade, tras agredir a funcionarios deste corpo de seguridade. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado domingo, cando unha persoa alertou ao 092 porque un individuo estaba aporreando a porta do inmoble no que vive, e temía ser agredida.

Cando os axentes se desprazaron ao lugar, na rúa Cesáreo González, observaron que o portal de acceso ao inmoble (que está ‘okupado’) estaba roto e que, no interior, SE atopaba unha parella tratando de acougar un terceiro individuo, un mozo que se atopaba moi alterado. A parella tentou que o mozo depuxese a súa actitude e ofrecéronlle aloxamento, pero o aludido negouse a dar explicación ningunha á súa conduta e mantivo o seu nivel de agresividade.

Nun momento determinado, alzou o puño con ánimo de golpear a un axente, polo que foi inmobilizado. Mentres os policías o mantiñan inmobilizado, o home comezou a dar patadas e tentou dar puñadas aos funcionarios, polo que foi detido.

CIDADÁN BUSCADO POR UN XULGADO

Por outra banda, a Policía Local tamén informou da detención dun cidadán chinés, L.J. de 38 anos de idade, sobre o que pesaba unha orde de procura e arresto emitida polo xulgado de instrución número 17 de Madrid. O home foi localizado camiñando pola rúa Jenaro de la Fuente na madrugada do pasado luns, polo que os axentes lle deron o alto para comprobar se tiña motivo xustificado para saltarse o ‘toque de queda’.

O sospeitoso achegou inicialmente unha identidade falsa, polo que foi trasladado a dependencias policiais onde se comprobaron os seus verdadeiros datos e constatouse que esta persoa xa facilitara en intervencións policiais anteriores ata 6 identidades falsas.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...