InicioSociedadeSeguen aumentando os casos activos na área de Vigo mentres baixan en...

Seguen aumentando os casos activos na área de Vigo mentres baixan en Galicia

Hai un paciente máis na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 descenderon lixeiramente en Galicia tras once días de incremento paulatino e sitúanse en 2.763, mentres que seguen en aumento na Ára de Vigo, que segue sendo, xa con diferencia, a que máis casos ten de todo o país.

Tamén baixaron en Galicia lixeiramente os pacientes hospitalizados, que se reduciron a 198, mentres que os novos contaxios detectados tamén caeron ata os 131. Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, subiron a 37 os pacientes Covid ingresados en UCI, o que supón catro máis, mentres que se reduciron a 161 os hospitalizados noutras unidades, cinco menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en catro das sete –A Coruña e Cee, Santiago e Barbanza, Lugo e Ferrol–, mentres que baixa en dúas –Vigo e Pontevedra-O Salnés– e mantense na de Ourense. Na área de Vigo ascenden a seis os críticos –un máis– pero baixan a 31 os doutras unidades –dous menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, tres once xornadas consecutivas de aumento paulatino dos mesmos, reducíronse lixeiramente a 2.763, o que implica catro menos, ao haber nesta ocasión máis altas (134) que contaxios (131). Con todo, na de Vigo sobiron en dous, polo quemantense á cabeza con 734 casos activos.

MENOS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba descenderon a 131 no conxunto de Galicia, tras iniciar esta semana con 154. Galicia confirmou nas últimas 24 horas 105 positivos por PCR, 16 delas da área de Vigo.

En canto á taxa de positividade mantense por baixo do dous por cento nun 1,6%, tras caer a un 1,2% ao comezo desta semana, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

O Peugeot 2008 ‘made in Vigo’ sitúase entre os modelos máis vendidos en España no que vai de ano

O Peugeot 2008, fabricado na planta viguesa de Stellantis, situouse na lista dos 10...

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...