InicioSociedadeSeguen aumentando os contaxios na área de Vigo que segue á cabeza...

Seguen aumentando os contaxios na área de Vigo que segue á cabeza de casos activos en Galicia

Houbo 55 novos positivos nas últimas 24 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 no conxunto de Galicia manteñen a tendencia ascendente por sétima xornada consecutiva e sitúanse en 2.439, mentres que os novos contaxios repuntan a 199, o que supón 41 máis que a xornada anterior. Pola súa banda, os pacientes con este coronavirus ingresados descenden lixeiramente a 182, dous menos.

Segundo a actualización realizada na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con datos ata as 18,00 horas deste mércores, baixan a 25 os pacientes Covid ingresados en UCI en toda a Comunidade galega, o que supón un menos, e descenden a 157 os hospitalizados noutras unidades, outro menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende na de Vigo, na que seguen catro pacientes en críticos e baixan a 30 os doutras unidades –un menos–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 no conxunto de Galicia, aumentaron ata os 2.439, o que implica 39 máis que a xornada anterior, tras alcanzar unha semana en ascenso paulatino, despois de volver rexistrar máis contaxios (199) que altas (159), aos que se engade unha persoa falecida.

Na área de Vigo as infeccións activas subiron en dez. Por tanto, segue á cabeza con 625 casos activos; seguida da da Coruña e Cee, con 602.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

No relativo aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba, repuntan ata os 199, tras superar a barreira dos 200 o pasado sábado, despois de empezar esta semana con 126, subir a 165 o martes e baixar lixeiramente a 158 este mércores.

Segundo os datos actualizados por Sanidade, confirmáronse 177 positivos con PCR nas últimas 24 horas, dos cales 55 corresponden á área de Vigo.

En canto á taxa de positividade, segue nun 2%, tras descender o luns a un 1%, polo que continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...