InicioSociedadeA área de Vigo supera á da Coruña en número de casos...

A área de Vigo supera á da Coruña en número de casos activos en Galicia

Baixan os pacientes en UCI, pero soben os doutras áreas hospitalarias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia ascendente por sexta xornada consecutiva, transcorridos 10 días do período festivo da Semana Santa, e ascenden lixeiramente a 2.400, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus descenden a 184, un menos que a xornada anterior. Pola súa banda, os novos contaxios baixan a 158.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, descenden a 26 os pacientes Covid en UCI, que supoñen tres menos, mentres soben a 158 os que se atopan noutras unidades –dous máis–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Ourense e Santiago e Barbanza; mantense na de Vigo; e aumenta lixeiramente nas de Ferrol, Pontevedra e O Salnés e Lugo. Así, na de Vigo aínda que baixan a catro os pacientes en UCI –dous menos–, soben a 31 os doutras unidades –dous máis–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, ascenderon lixeiramente por sexta xornada consecutiva ata os 2.400 no conxunto de Galicia, o que supón 18 máis, ao rexistrarse máis contaxios (158), que altas (139), ao que hai que engadir un falecido. Por áreas sanitarias, en Vigo subiron en 11. Deste xeito, a de Vigo pasa a situarse á cabeza, con 615 infeccións activas; seguida da da Coruña e Cee, que baixa a 599.

MENOS CONTAXIOS

Despois do repunte de novos contaxios detectado este martes, freouse a tendencia ao rexistrarse 158 con calquera tipo de proba, tras os 126 do luns e os 165 da xornada pasada. Do total, 133 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas –os mesmos que a xornada anterior–, dos cales 44 corresponden á área de Vigo.

No que respecta á taxa de positividade, mantense nun dous por cento, tras descender o luns a un 1%, polo que continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...