InicioSociedadeA área de Vigo detecta un cuarto do total de novos contaxiados...

A área de Vigo detecta un cuarto do total de novos contaxiados en Galicia

A área sanitaria de Vigo suma na última xornada 53 contaxios e mantense á cabeza en número de casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia mantense este sábado sen variacións, con 167 pacientes. Con todo, os novos contaxios detectados nun día por calquera tipo de probas aumentaron ata os 209, o que implica unha subida de 63 máis con respecto aos da xornada anterior. Ademais, isto traduciuse en que os casos activos subiron por segundo día consecutivo. Segundo os datos que ofrece este sábado a Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do venres, hai 2.286 pacientes de coronavirus, 93 máis que 24 horas atrás.

DATOS DE VIGO

No que respecta aos ingresados, concretamente na área de Vigo a situación mantense estable: isto é, os hospitalizados en unidades convencionais seguen nos 28 (sen cambios), e os que se atopan en UCI baixaron a cinco (-1). 

En canto aos casos activos de covid-19, Vigo, que se mantén como área con máis casos activos, suma outros 22 ata situarse nos 625. Dos novos positivos, a área de Vigo detectou ao redor dun cuarto deles, un total de 53; seguida da da Coruña-Cee, con 44.

PCR E TAXA DE POSITIVIDADE

De acordo cos datos de Sanidade deste sábado, en Galicia realizáronse 1.905.426 PCR en total, o que supón 7.098 probas diagnósticas ao longo das últimas 24 horas –un centenar máis que as feitas a xornada pasada–. En canto á taxa de positividade, repunta ata o 3,1% pero segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

Desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 2.368 persoas diagnosticadas de covid-19, despois de notificar a Consellería de Sanidade este venres a morte dunha septuaxenaria. Así mesmo, ata o momento curáronse deste coronavirus en Galicia un total de 113.800 pacientes. Isto permite deducir que nas últimas 24 horas recibiron a alta outras 112 persoas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Trump declara a guerra aos migrantes

Luís Perez Leira: As migracións no mundo son un tema non resolvido. As declaracións...

OPINIÓN.- Vigo e a crise do capitalismo global

Vigo, a cidade máis poboada de Galicia e un dos motores económicos do noroeste...

O BNG de Vigo alerta do “avance descontrolado” dos pisos turísticos e pide inspeccións e unha ordenanza municipal que os limite

O BNG de Vigo alertou do "avance descontrolado" dos pisos turísticos e pediu ao goberno local...

Caso ‘Karar’: impugnan as notas da DEA tras confirmarse que os axentes da axencia americana non declararán

Varios dos avogados defensores no xuízo que se celebra contra 28 acusados polo alixo...