InicioEconomíaConfirmada a sentenza que deixaba sen efecto as eleccións sindicais de persoal...

Confirmada a sentenza que deixaba sen efecto as eleccións sindicais de persoal laboral no Concello de Vigo

Na resolución explicábase que en outubro de 2019 acordouse non dar por válida a candidatura da CUT ás eleccións no Concello de Vigo "por non ter na lista tantos candidatos como postos a cubrir".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou firme a sentenza do Xulgado do Social número catro de Vigo pola que se “deixa sen efecto o laudo arbitral ditado e o proceso electoral” correspondente ás eleccións sindicais de persoal laboral no Concello de Vigo en 2019.

Na sentenza, contra a que cabe interpor un recurso de casación, desestímanse os recursos de suplicación interpostos por CC.OO., CSIF, UGT, co que se declara firme a sentenza do Xulgado do Social número catro de Vigo, na que se estimaba a demanda interposta polo sindicato CUT.

Na resolución explicábase que en outubro de 2019 acordouse non dar por válida a candidatura da CUT ás eleccións no Concello de Vigo “por non ter na lista tantos candidatos como postos a cubrir”.

No entanto, a maxistrada apunta que a lista de candidatos da CUT non estaba incompleta, “pois se presentou unha lista con 10 candidatos, os postos a elixir, só que un deles figuraba en varias listas”. Así, continúa, “neste suposto o candidato non é ilexítimo, e débese conferir prazo para a subsanación, cousa que a mesa realizou e o defecto foi emendado o mesmo día”.

A iso engade que “é certo que con posterioridade se produciron renuncias, que non foron emendadas, pero estas renuncias non implican que a lista non conte co 60% dos postos a cubrir“, como establece a normativa.

Ante todo iso, aínda que descarta “vulneración de dereito fundamental algún, pois non se acreditou a existencia dunha conduta torticera e espuria”, apunta que hai “unha decisión de interpretación xurídica, que non é axustada a dereito”.

Por este motivo, estima a demanda interposta polo sindicato CUT de forma que “deixa sen efecto o laudo arbitral ditado, e o proceso electoral desde o momento previo á proclamación definitiva das candidaturas, retrotrayendo o mesmo ao devandito momento, condenando aos demandados a estar e pasar por tal declaración”.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...