InicioSucesosPillan un furtivo de 61 anos con 33 quilos de ourizos de...

Pillan un furtivo de 61 anos con 33 quilos de ourizos de mar en Vigo

Interceptan en Vigo a un condutor que nunca obtivo o carné de conducir e a outro que o levaba caducado desde 2012.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a un furtivo de 61 anos de idade que foi sorprendido ‘in fraganti’ con case 33 quilos e medio de ourizos de mar capturados de forma ilegal. Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron pasadas as 11,30 horas deste domingo, cando un vixiante da Xunta solicitou a presenza dunha unidade policial na Praia do Portiño por marisqueo ilegal de ourizos de mar.

Así, unha unidade do Grupo Operativo de Apoio (GOA) observou entre as rocas a dúas persoas con tres capachos. En total, cada capacho pesaba 11,65 quilos, 17,5 quilos e 4,3 quilos, respectivamente, sumando un total de 33,45 quilos de marisco, que foi devolto ao mar. Por estes feitos, procedeuse a identificar a estas dúas persoas, aínda que só una delas, un veciño de Nigrán de iniciais J. I. F., foi considerada responsable destes feitos, polo que foi proposta para sanción.

IMPRUDENCIAS AO VOLANTE

Axentes da Policía Local de Vigo instruíron tamén dilixencias xudiciais por senllos delitos contra a seguridade viaria a un condutor de 56 anos que ía ao volante dun vehículo a pesar de non obter nunca o carné de conducir, e a outro de 54 anos que levaba a licenza caducada desde 2012.

O primeiro condutor foi localizado pouco despois das 18,00 horas do pasado venres, cando unha unidade policial que realizaba un control de tráfico en Sanjurjo Badía deu o alto ao condutor dun vehículo. Tras verificar os seus datos, comprobouse que o home, nacido en Arxentina e de iniciais J. P. T., nunca obtivera a licenza de conducir, polo que se lle instruíron as correspondentes dilixencias xudiciais.

Así mesmo, sobre as 9,20 horas do domingo foi localizado noutro control de tráfico situado na rúa Eduardo Cabello un segundo condutor. Este home, de Valladolid e siglas P. J. C., levaba o carné sen vixencia desde 2012, ademais circulaba coa ITV caducada, polo que se lle instruíron dilixencias xudiciais e formulóuselle unha denuncia.

NENA PERDIDA

Noutra orde de asuntos, a Policía Local tamén informou de que, a principios de marzo, unha patrulla desprazouse ata a Praia de Samil despois de que un particular comunicase que atopara a unha nena de 5 anos de idade perdida. No lugar, o reclamante do servizo indicou que atopara á menor desorientada pola praia, sen que fose capaz de precisar onde se atopaban os seus proxenitores.

A menor facilitou o seu nome completo, “resultando moi característicos os apelidos”, o que permitiu localizar ao pai da nena a través da base de datos do padrón de habitantes. O home, de 31 anos, manifestou non darse conta do extravío da súa filla ata que contactaron con el os axentes.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...