InicioEconomíaA CEP presume de beneficios en 2020 a pesar da crise

A CEP presume de beneficios en 2020 a pesar da crise

Non executou un 13 % --134.000 euros-- do seu orzamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) duplicou beneficios en 2020 a pesar de non executar un 13 % –134.000 euros– do seu orzamento “debido á paralización forzosa da maior parte da actividade entre marzo e xuño“, no marco das restricións impostas polo covid-19.

Así o trasladou este luns o presidente dos empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, no acto de clausura da asemblea xeral da CEP, no transcurso da cal se aprobaron por unanimidade as contas do organismo correspondentes ao pasado ano.

Sobre os ingresos totais, Cebreiros apuntou que a pesar de que se incrementaron desde 2017, o pasado ano “sufriu un retroceso do 14 %”. Aínda así, a CEP pechou o exercicio 2020 cun resultado positivo de máis de 87.000 euros, o que supón “un 103 % máis que en 2019”.

Este balance, que tachou de “bo”, atribuíuno “á política de contención de gasto imposta polo equipo de xestión da Confederación pontevedresa no últimos tres anos”, así como á captación de proxectos e a execución por parte do persoal da propia CEP.

No seu discurso, Cebreiros recalcou que se cumpriu ” un ano nunha situación de permanente angustia”, na que as empresas se viron “seriamente afectadas pola falta de liquidez e solvencia e un incremento do endebedamento”.

Neste contexto, considerou que “é o momento da xestión e o diálogo social” da man das empresas. Un marco no que reclamou reducir a burocracia; apostar por un estímulo cara a todos os sectores, especialmente o turístico; e aumentar os investimentos en infraestruturas.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...