InicioSociedadeCaballero abre a porta a novas restricións ante a "mala evolución" da...

Caballero abre a porta a novas restricións ante a “mala evolución” da Covid en Vigo

Vigo presenta unha "situación altamente preocupante", na que se pasou de ter unha incidencia a 14 días de 76,7 casos por 100.000 habitantes, aos 107,7 que hai actualmente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este luns un novo chamamento á prudencia e a precaución dos cidadáns ante a “mala evolución” da pandemia na cidade e ante a subida da incidencia acumulada de casos por cada 100.000 habitantes, á vez que alertou de que, se se mantén esa tendencia, é posible que Vigo entre nun escenario de maiores restricións.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, tras máis de dúas semanas de incremento de casos, Vigo presenta unha “situación altamente preocupante”, na que se pasou de ter unha incidencia a 14 días de 76,7 casos por 100.000 habitantes, aos 107,7 que hai actualmente. “En Vigo estamos a ir mal e imos superar os 150 casos de incidencia moi pronto. Iso significa novas restricións”, advertiu do alcalde, quen lembrou que, aínda que a subida de incidencia é “lenta”, é un crecemento “sostido”.

Por tanto, subliñou, a prudencia é “obrigada” e advertiu “ao grupo de incumpridores e incumpridoras” de que hai que extremar a precaución e de que as infraccións serán sancionadas.

De feito, só este pasado fin de semana, a Policía Local da cidade tramitou 189 propostas de sanción por incumprir a normativa sanitaria (multas a locais, a persoas que ían sen máscara, reunións de non conviventes, saídas fóra do horario permitido, etc.).

Segundo os datos publicados este luns pola Consellería de Sanidade, na área sanitaria de Vigo hai 574 casos activos de COVID-19, dos que 44 son persoas hospitalizadas (6 deles en UCI). Así mesmo, nas últimas 24 horas detectáronse a través de probas PCR 27 novos contaxios.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...