InicioSucesosDenunciados dous veciños do Porriño de 45 anos por conducir sen ter...

Denunciados dous veciños do Porriño de 45 anos por conducir sen ter sacado o carné

Un deles tamén circulaba sen seguro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo instruíron dilixencias xudiciais por delitos contra a seguridade viaria a dous veciños do Porriño de 45 anos de idade que ían ao volante de senllos vehículos sen obter nunca o carné de conducir, un dos cales tamén circulaba sen o seguro obrigatorio.

En concreto, o primeiro dos homes foi interceptado pouco antes das 8,50 horas deste mércores nun control de tráfico situado na rúa Dona Fermina. O home, de iniciais M. S. S., ía ao volante dun vehículo a pesar de non obter nunca a licenza de conducir. Pola súa banda, o segundo home foi localizado noutro control ás 17,50 horas do mércores. O condutor, que responde as siglas D. E. P. H., conducía sen o seguro obrigatorio en vigor e a pesar de non obter nunca o carné.

ÚLTIMAS

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...

Morre Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor político que levaba a Vigo e Ourense no corazón

Primeiro Beiras e agora Ferrín. A cultura galega perde unha das súas figuras máis...