InicioEconomíaStellantis Vigo (PSA) para este mércores tres quendas de traballo polos problemas...

Stellantis Vigo (PSA) para este mércores tres quendas de traballo polos problemas de subministración

Os problemas están en faltas de compoñentes electrónicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citröen) informou de que este mércores parará a súa produción nas tres quendas do sistema M1 debido aos problemas de subministración de compoñentes con semiconductores (microchips).

Así o confirmaron o martes fontes da empresa a Europa Press, que lembraron que esta situación se debe a problemas de abastecemento derivados da crise mundial de semiconductores (microchips), que van integrados en diversos compoñentes dos vehículos.

De feito, a factoría viguesa xa tivo que paralizar a súa produción varias veces nas últimas semanas, a última delas este mesmo luns, cando tamén quedaron sen actividade as tres quendas do sistema M1, no que se montan o Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301.

Para afrontar as paradas de produción, a dirección da planta trasladou o luns aos sindicatos a necesidade de negociar canto antes un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), dado que “os mecanismos de flexibilidade” cos que conta a planta (bolsa de horas e días de adecuación de xornada) “vanse a ir esgotando”.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...