InicioEconomíaA CEG pide que se abra o túnel do Folgoso polo "impacto...

A CEG pide que se abra o túnel do Folgoso polo “impacto económico” que ten o feche dun carril

O delegado do Goberno en Galicia remarca que a normativa non permite habilitar de forma bidireccional o carril cara a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) reclama ao Executivo “que se rehabilite para a súa reapertura ao tráfico o máis axiña posible e con todas as garantías de seguridade” o túnel do Folgoso na Cañiza en sentido a Madrid, co obxecto de “paliar canto antes” o impacto económico e social que está a provocar este peche no sur de Galicia.

“Resulta intolerable que despois de permanecer pechado desde o pasado 25 de xaneiro debido ao incendio dun camión, o Goberno anuncie que a reapertura deste túnel –central na arteria de comunicación que vertebra todo o seu territorio desde Vigo á meseta–, aínda se demorará como mínimo ata o mes de maio”, censura a patronal galega.

Nun comunicado, advirte de que “o desvío de tráfico incrementa a viaxe en ao redor de media hora máis e sen outra alternativa existente, coa consecuente perda de tempo e diñeiro para os usuarios particulares e transportistas”. Todo iso, lamenta, “contribúe a prexudicar aínda máis a xa de seu deteriorada competitividade das empresas galegas”.

Así mesmo, a CEG tamén reclama ao Goberno “a mellora íntegra das estradas N-120 e N-559, vías por estanas transcorrendo desde o mes de xaneiro os usuarios que en circunstancias normais transitarían a través deste túnel da Autovía das Rías Baixas”.

POSTURA DO GOBERNO

Doutra banda, respecto da proposta para habilitar de forma bidireccional o carril cara a Vigo, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, remarcou que con iso a Xunta “expón algo que non permite a normativa, a Unión Europea nin o sentido común, que é a circulación bidireccional”.

Así o trasladou este luns nunha entrevista na Cadea Ser, na que lembrou que o túnel sufriu “unhas importantes desfeitas, sen danos persoais grazas ao labor da Garda Civil e dos Bombeiros”.

As tarefas de reparación que se están realizando inclúen iluminación, ventilación, vixilancia, reposición do sistema de radiocomunicacións, recableado dos sistemas de seguridade, rehabilitación das tubaxes e bajantes, repintado, limpeza e reposición das marcas viarias.

Na mesma entrevisa, Losada tamén apuntou que espera que a apertura dos servizos de atención ao viaxeiro na estación Vialia en Vigo “dea un novo impulso á alta velocidade” e subliñou o “compromiso para potenciar a saída ferroviaria sur de Vigo e a posta en marcha do tren de alta velocidade desde Vigo”.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...