InicioPolíticaAbel Caballero insiste en que o 'anel verde' de Vigo sairá...

Abel Caballero insiste en que o ‘anel verde’ de Vigo sairá adiante queira ou non a Xunta

"Se levo isto aos tribunais, daranme a razón", disparou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar este xoves á Xunta de Galicia por non autorizar o anteproxecto para construír un ‘anel verde’ ao redor da cidade para protexela ante eventuais incendios forestais, e advertiu de que dita iniciativa será levaba a cabo a pesar de que “a Xunta non quere”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico acusou ao goberno galego de “mentir” ao afirmar que non pode informar o anteproxecto se o Concello non ten un acordo coas comunidades de montes propietarias dos terreos onde se vai a implantar ese perímetro forestal.

Eu non podo adquirir ese chan sen saber se a Xunta me vai autorizar o proxecto. Para expropiar necesito un proxecto e que mo autorice a Xunta”, reiterou, e retou ao goberno galego a indicar ao Concello “por onde quere que vaia o anel verde”, de maneira que o goberno local aceptarao e encargarase da súa construción e financiamento: “Válenos que nos digan por onde queren que vaia, e acéptoo xa”.

Caballero concluíu que a posición da Xunta se debe a que “non quere que se faga o anel verde”, e advertiu: “Isto é como o das ramplas de Gran Vía. Se levo isto aos tribunais, en dous anos gáñolles, daranme a razón”. En todo caso, o alcalde asegurou que o goberno local “vai dar a batalla” por este proxecto, que a Xunta “atrasou durante un ano e medio”, e que “se vai a facer” a pesar do que diga a administración autonómica.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...