InicioSucesosDetidos dous homes en Vigo por senllos supostos delitos de violencia de...

Detidos dous homes en Vigo por senllos supostos delitos de violencia de xénero

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a dous homes nos últimos días, como supostos autores de senllos delitos de violencia de xénero. Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención produciuse a última hora da tarde do sábado, cando unha dotación se dirixiu a un domicilio da rúa Numancia, alertada por un veciño que escoitara unha forte discusión dunha parella.

Unha vez no lugar, unha muller relatou aos axentes que se atopaba na súa vivenda, cuns amigos e a súa parella, con quen iniciou unha discusión. Segundo o seu testemuño, o home empuxouna e golpeouna na cara, unha versión que foi ratificada polos amigos, que tiveron que intervir e lograron que o presunto agresor abandonase o domicilio.

A Policía conseguiu localizar ao sospeitoso, J.M.M.F., de 54 anos de idade, na rúa Rolda Don Bosco, onde foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero. A segunda intervención produciuse ao mediodía deste luns, cando unha muller chamou ao 092 para denunciar que fora agredida pola súa ex parella, nun domicilio da rúa Gaivota.

Os axentes entrevistáronse coa denunciante, que relatou que o home acudira ao seu domicilio e que, nun momento determinado, pechara violentamente unha porta cando ela tiña a man apoiada no marco. A muller trasladou que cría que tiña unha rotura, debido á intensa dor que sufría.

Os policías tamén se entrevistaron co home, J.M.C.R., de 46 anos de idade, quen asegurou que fora ao domicilio a recoller cousas e que a muller non o deixaba saír, momento no que ela mesma se autolesionara. Os axentes procederon á súa detención por un suposto delito de violencia de xénero, mentres que a muller foi trasladada a un centro hospitalario para ser atendida das lesións na man.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...