InicioSociedadeA Xunta pídelle "sensibilidade" a Portugal polo peche de fronteiras

A Xunta pídelle “sensibilidade” a Portugal polo peche de fronteiras

Este 16 de marzo estaba previsto a apertura tras máis de mes e medio de peche.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A fronteira entre Galicia e Portugal leva fechada case mes e medio. O Goberno portugués decidiu ampliar ese pecho ata o 16 de agosto e, ante a proximidade desa data, a Xunta pide “sensibilidade” cos traballadores transfronteirizos e o transporte de mercadorías.

“Hai que ser prudente porque a situación sanitaria de Portugal lle corresponde ao Goberno portugués decidila pero pido que se valore determinadas posibilidades de apertura en determinados lugares onde só hai dous puntos de acceso e non evitar grandes desprazamentos”, dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo este xoves.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, preguntado sobre a posibilidade de novas prórrogas neste peche, que está sendo moi criticado polos concellos e traballadores transfronteirizos, Feijóo insistiu en que a decisión de abrir ou non é do Goberno portugués, “que é moi serio”, pero pediu que, se mantén fechada, “habería que tfacilitar entrada e saída de traballadores e mercadorías”.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...