InicioSociedadeTickephant, unha iniciativa gratuíta para potenciar a dixitalización do comercio galego

Tickephant, unha iniciativa gratuíta para potenciar a dixitalización do comercio galego

Emanuele Ricciotti, CEO de Tickephant, espera que sexan moitos os comercios galegos que dean un paso adiante na súa transformación dixital.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa de Nigrán Tickephant lanza a campaña “Ningún Comercio sen Ticket Dixital”, unha iniciativa coa que ofrece a calquera pequeno comercio galego, de maneira gratuíta, a implantación da aplicación Tickephant como unha vía para que dean os seus primeiros pasos na dixitalización.

Esta iniciativa débese a que a utilización do ticket dixital en substitución do impreso “xa é unha realidade”, defenden, “sobre todo en grandes cadeas comerciais polos beneficios que supón para a empresa e para os clientes: redúcese o gasto de consumibles, mellora o fluxo de traballo interno, potencia o servizo ao cliente e elimina o contacto físico que esixe o recibo impreso”.

Porén, unha parte do tecido comercial galego aínda non se lanzou a integralo na súa xestión, ben por descoñecemento ou por temor a dar o salto á dixitalización.

VANTAXES DE TICKEPHANT

Así, e grazas a esta iniciativa, o cliente só debe descargarse a app de Tickephant ou facilitar o seu enderezo electrónico á hora de realizar o pago. E o comercio, bar ou restaurante, unicamente debe instalar o programa no seu software de xestión para o envío de tickets dixitais.

Segundo Emanuele Ricciotti, CEO de Tickephant, “é máis necesario que nunca aproveitar as vantaxes da tecnoloxía para manter vivo o comercio de proximidade nesta época de presión sanitaria e económica”.

Ademais, esta aplicación conta con outros servizos para o desenvolvemento das empresas: proporciona unha páxina web integrada co software de xestión (ERP) e co software de xestión de clientes (CRM), permitindo ao propietario do comercio a xestión da web e a tenda física, e constituíndo unha plataforma de marketing con ofertas personalizadas para cada cliente.

Ricciotti espera que sexan moitos os comercios galegos que dean un paso adiante na súa transformación dixital, xa que “estamos no momento idóneo para que os negocios melloren os seus procesos de cara á ‘nova normalidade’ y estean preparados para ser competitivos no futuro máis próximo”.

ÚLTIMAS

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...