InicioSociedadeEvoluciona de forma "favorable" a menor de 9 anos ingresada en UCI...

Evoluciona de forma “favorable” a menor de 9 anos ingresada en UCI nun hospital de Vigo por covid

PUBLICADO O

- Advertisement -

A menor de 9 anos que foi ingresada na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para ser atendida como consecuencia da súa infección polo SAR-Cov-2 evoluciona de forma “favorable“, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Fontes do Sergas explicaron este domingo que a menor evolucionaba “moi ben” e precisaron que houbo outros nenos de idades similares que foron trasladados á UCI de hospitais doutras áreas sanitarias da comunidade tras contaxiarse.

Galicia conta, segundo os datos actualizados este luns, cun total de 398 persoas ingresadas, mentres que en unidades de críticos hai un total de 79.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...