InicioSociedadeMos, Mondariz e Pazos de Borbén seguen en nivel alto de restricións

Mos, Mondariz e Pazos de Borbén seguen en nivel alto de restricións

O concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión deste martes, abrir o peche da Área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia. 

Pola súa banda, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás. Isto implica que só se poden mover entre eles se son da mesma área sanitaria. 

Por outra banda, o concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo, o que implica as restricións máximas, é dicir, sen mobilidade agás para traballo ou asuntos esenciais.

O resto dos concellos galego quedan en nivel medio. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo. 

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...