InicioCulturaHomenaxe a Cunqueiro na UVigo cun ciclo de charlas no 40 aniversario...

Homenaxe a Cunqueiro na UVigo cun ciclo de charlas no 40 aniversario do seu falecemento

Para finalizar o acto deste martes, proxectouse un documental sobre a obra do autor lucense, dirixido polo docente da UVigo Manuel Forcadela, aínda que non foi posible, debido ao covid, estrear en Europa a musicación de dúas dos seus poemas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) deu comezo este martes aos actos que organizou para conmemorar o 40 aniversario do falecemento de Álvaro Cunqueiro, os cales arrincaron cun relatorio do escritor e expresidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Na súa intervención neste acto, organizado pola Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, o académico destacou que “falar de Cunqueiro é falar do caudal principal da literatura galega do século XX”, tras o que a docente e escritora Rexina Veiga puxo en valor “a descomunal dimensión literaria do escritor”.

Posteriormente, o reitor, Manuel Reigosa, remarcou que “as humanidades teñen que xogar un papel fundamental”, pois “o pensamento crítico baséase nas humanidades”. A continuación, parafraseando a Cunqueiro, desexou “1.000 primaveras máis para Galicia, para o galego e para as filoloxías galega e española na UVigo”.

Para finalizar o acto deste martes, proxectouse un documental sobre a obra do autor lucense, dirixido polo docente da UVigo Manuel Forcadela, aínda que non foi posible, debido ao covid, estrear en Europa a musicación de dúas dos seus poemas.

Este evento enmárcase nun ciclo de charlas sobre Cunqueiro que se celebrarán ata este xoves e que poderán seguirse en directo a través de UVigoTV. Ademais, levará a cabo a presentación do libro ‘Escolma de poesía anosada de A.C. co adaxo do seu cuadraxéximo cabodano”, editado por Xosé Henrique Costas.

Finalmente, organizouse o concurso Concita Cunqueiro, polo que mozos de entre 15 e 30 anos poderán presentar ata o 15 de marzo unha cita de calquera obra de Álvaro Cunqueiro. Os tres mellores recibirán premios de 300, 200 e 100 euros.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...