InicioSociedadeA Escola Santa Marta será trasladada ao edificio do IME, usado pola...

A Escola Santa Marta será trasladada ao edificio do IME, usado pola Xunta, á que pide que “se busque outro lugar”

Caballero volve arremeter contra o Goberno galego por oporse a situar esa escola no CEIP Ramón y Cajal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este martes a súa intención de trasladar a Escola Infantil Municipal Santa Marta ao edificio do Instituto Municipal de Educación, no Chouzo, actualmente ocupado por un centro de formación de profesorado da Xunta de Galicia e pola Federación Olívica de Anpas (Foanpas).

Caballero volveu, ademais, arremeter contra a Xunta por oporse a situar esa escola no CEIP Ramón y Cajal.

Segundo explicou, o Concello xa trasladou á administración autonómica que necesitará ese espazo, que agora ocupa un centro de formación de profesorado para que a Xunta “busque outro lugar”.

O rexedor, no entanto, non aclarou se o traslado da escola infantil suporá tamén o desaloxo do espazo que utiliza Foanpas, unha organización que é moi crítica co goberno local por prever o peche da escola “sen unha alternativa” para as familias e que, de feito, convocou varias concentracións de protesta.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...