InicioSucesosA Policía identifica cinco persoas por simular un secuestro para gastarlle unha...

A Policía identifica cinco persoas por simular un secuestro para gastarlle unha broma a un amigo

Unha muller alertou de que vira como tres persoas encapuchadas maniataban e tapaban a cara a un mozo, e metíano pola forza no maleteiro dun automóbil. Todo era unha broma de aniversario...

PUBLICADO O

Axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado identificaron no concello de Vigo cinco persoas –catro homes e unha muller– que simularon un secuestro para gastar unha broma de aniversario a un amigo.

Segundo informou a Policía Nacional, o pasado domingo unha muller alertou de que vira como tres persoas encapuchadas maniataban e tapaban a cara a un mozo, e metíano pola forza no maleteiro dun automóbil.

A muller deu a volta co seu vehículo para asegurarse do que ocorría, tras o que estes individuos se incorporaron á estrada en dous vehículos. Así, un deles achegouse “perigosamente” á parte traseira do coche da testemuña, á vez que facía soar o claxon para que se botase ao carón da vía, dixo.

Mentres isto ocorría, a muller chamou ao 091 para explicar os feitos e achegar as características e o número de matrícula dun dos vehículos, propiedade dunha empresa. Acto seguido, os vehículos –un turismo e unha furgoneta– adiantárona, tomando direccións opostas nun cruzamento.

Froito desta denuncia iniciouse un dispositivo policial en coordinación coa Policía Local e a Garda Civil, para tratar de dar cos presuntos secuestradores tanto en Vigo como en municipios limítrofes.

IDENTIFICACIÓN DOS IMPLICADOS

A partir da matrícula dun dos vehículos contactouse coa empresa propietaria e finalmente unha dotación localizou o condutor da furgoneta. Ao interrogalo, o home manifestou que todo o ocorrido fora unha broma de aniversario que lle gastaron a un amigo.

A continuación contactouse cos demais implicados, que corroboraron que se trataba dunha broma. Desta forma, procedeuse a indentificar por estes feitos a cinco persoas, os tres encapuchados, unha muller que lles acompañaba nun dos coches e a presunta vítima.

Ademais, ao identificarlles comprobouse que varios deles incorreran nunha infracción administrativa por saltarse o peche perimetral da súa localidade, polo que foron propostos para sanción.

A Policía Nacional remarcou que estes feitos “causan graves prexuízos no labor policial” e supoñen “un abuso ás administracións” polo “uso innecesario dos seus limitados recursos”. As simulacións de delitos son infraccións tipificadas no Código Penal, cuxos autores teñen que responder penalmente por iso.

ÚLTIMAS

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...

Caballero e Puente reuníronse para abordar a chegada dos trens Avril

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, reuniuse este martes co alcalde...

O Sergas anuncia a intervención pública do servizo de ambulancias de Vigo, Moaña e Cangas

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que se iniciaron os trámites para intervir,...