InicioSociedadeO Festival Primavera do Cinema de Vigo abre o prazo de presentación...

O Festival Primavera do Cinema de Vigo abre o prazo de presentación de filmes

A convocatoria permanecerá aberta ata o próximo 30 de abril para pezas producidas a partir de 2019.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival Primavera do Cinema abriu a convocatoria de presentación de películas de produción galega ou lusófona de cara á celebración da súa décima edición, que terá lugar en Vigo entre o 7 e o 12 de setembro.

Segundo informou a organización, a convocatoria permanecerá aberta ata o próximo 30 de abril para pezas producidas a partir de 2019. En concreto, poderán presentarse tanto curtametraxes, longametraxes e videocips de produción galega como curtametraxes e longametraxes de países lusófonos.

O evento, que se celebrará no Auditorio Municipal do Concello de Vigo e no Museo Marco, celebra este ano a súa décima edición, na que se elaborará “unha programación de alta calidade, en correspondencia co bo momento polo que está a pasar a cinematografía galega”.

Así, ofreceranse títulos de xéneros cinematográficos e propostas estéticas “moi variadas” e daranse a coñecer títulos de referencia internacional. Ademais, “farase un esforzo” para realizar “actividades paralelas que enriquezan” o festival.

A organización indicou, finalmente, que nesta edición se abrirá unha sección específica para curtametraxes infantís, cuxo premio estará concedido por un xurado composto por nenos e nenas de entre 8 e 12 anos de idade.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...