InicioSociedadeOs hospitais vigueses comezan a vacinar aos maiores de 80 anos este...

Os hospitais vigueses comezan a vacinar aos maiores de 80 anos este luns

O Sergas estima que inocularán a vacina a mil persoas cada día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezará este luns, 22 de febreiro, a vacinar fronte á Covid-19 ao groso das máis de 200.000 persoas maiores de 80 anos en Galicia, considerado un dos grupos prioritarios para recibir as doses, trala proba piloto levada a cabo o pasado venres na área de Santiago e Barbanza.

Segundo confirmaron a Europa Press por parte da Consellería de Sanidade non poden cuantificar a cifra de dose que empregarán no inicio da vacinación deste grupo porque dependerá dos envíos comprometidos polo Goberno central. Ademais, aínda que as mesmas fontes de Sanidade destacaron que se comezou co chamamento destas persoas, aínda traballan na elaboración de listas. “Se non hai imprevistos cos envíos (de vacinas)”, engadiron, este proceso, que levará a cabo só con dose de Pfizer, en maiores de 80 anos estenderase ata “a primeira semana de maio”.

Aínda que o groso da vacinación deste grupo comezará o luns, o venres 19 de febreiro levouse a cabo unha proba piloto a modo de ensaio. En concreto, oito equipos especiais de vacinación da área sanitaria de Santiago e Barbanza comezaron a pór as primeiras doses a persoas deste grupo en oito centros nos que foron citados 569 maiores de 80 anos, que en tres semanas recibirán a segunda.

PUNTOS DE VACINACIÓN

Por parte da Consellería de Sanidade explicouse que para a vacinación dos maiores de 80 anos os puntos de vacinación, debido ás condicións de transporte e conservación das doses, será levada a cabo nos centros de saúde das sete grandes cidades galegas e nos centros de cabeceira ou Puntos de Atención Continuada (PAC) fose delas.

Deste xeito, a Xunta prevé que este proceso de vacinación de maiores de 80 anos leve a cabo en 400 puntos. Ademais, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou tras o comité clínico do pasado 15 de febreiro, que no caso de que “por razóns de mobilidade” non poidan desprazarse, acudirán “ao domicilio de cada un deles”.

37.000 PERSOAS EN VIGO

Pola súa banda, fontes da área sanitaria de Vigo concretaron a Europa Press que a partir do luns vacinarán na primeira semana a unhas 4.800 persoas maiores de 80 anos, a razón dun milleiro diario aproximadamente. Neste caso contará con 10 equipos de vacinación que se desprazarán aos 20 centros de vacinación previstos, entre os situados na cidade de Vigo e nas cabeceiras de comarca. Así, esta área prevé vacinar a uns 37.000 maiores, que se sumarán a outros case 3.000 xa inmunizados en residencias.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...