InicioSociedadeOs paseos das Avenidas, Bouzas e Samil, en Vigo, estarán pechados o...

Os paseos das Avenidas, Bouzas e Samil, en Vigo, estarán pechados o fin de semana ante a previsión de mal tempo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os paseos das Avenidas, Bouzas e Samil, así como o espigón da zona do Real Club Náutico, en Vigo, permanecerán pechados durante todo o fin de semana, como medida de precaución ante a previsión de mal tempo. Así o confirmaron fontes do Concello olívico e da Autoridade Portuaria, que detallaron que, para garantir a seguridade dos viandantes, non se permitirá o paso por estas zonas.

De feito, as provincias da Coruña e Pontevedra atópanse en aviso laranxa por precipitacións, unha alerta que se manterá desde a tarde do venres ata o sábado e que se suma ao aviso do mesma cor que afecta a todo o litoral galego.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta decidiu activar este aviso ante a previsión de precipitacións acumuladas en 12 horas de 80 mm no suroeste da provincia da Coruña, nas Rías Baixas e no interior de Pontevedra.

Este aviso por choivas únese á alerta laranxa, decretada no mediodía deste venres, por ventos de ata 100 quilómetros por hora en todo o litoral galego, onde tamén se espera mar combinado que pode alcanzar os 7 metros na costa da Coruña.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...